-O OURO-

0 comentarios







Como ben sabemos, o ouro é un elemento químico. O seu numero atómico é 79. Oseu símbolo é Au, que procede do latín aurum. É un metal brando, maleable, dúctil, brillante, pesado ... e non reacciona cá maioria de produtos químicos, pero e sensible, por exemplo, ó cloro(Cl). O ouro utilízase na xoiería, na electrónica..... e antigamente tamén se utilizaba para facer moedas.



Características: O ouro é de cor amarelo, e é considerado o elemento da táboa periódica mais bonito, ademais do mais caro. Como o ouro é un metal brando, moitas veces fanse aleacións coutros metais para darlle dureza. É moi denso, bo conductor, e ten un moi alto punto de fusión. Segun estudamos os seus numeros de oxidación ou valencia, son o +1 e o +3. Tamen conduce ben o calor.


Como vemos na imaxe o ouro é moi brando, e como xa dixemos antes as veces, fanse aleación para proporcionarlle dureza.




Aplicacións:O ouro e as suas moitas aleacions utilizanse moitísimo en xoieria.Como claro esta, as aleacións de ouro non teñen o mesmo cor, xa que depende dos metais cós que estea mezclado ademais das proporcións dos metais.


As aleacións mais habituais:


-Ouro amarelo:1000 gr de ouro amarelo conten 750 gr de ouro, 125 de cobre e tamen 125 de prata


-Ouro vermello:1000 gr de ouro vermello contén 750 gr de ouro e 250 gr de cobre


-Ouro rosa:1000 gr de ouro rosa contén 750 gr de ouro, 50 gr de prata e 200gr de cobre.


-Ouro branco:1000 gr de ouro branco ten 750 gr de ouro, 160 gr de paladio e 90 gr de prata.


-Ouro verde:1000 gr de ouro verde contén 750 gr de ouro, e 250 gr de prata.


-Ouro gris:1000gr de ouro gris ten 750 gr de ouro 150 gr de níqul y 100gr de cobre.


Na xoieria chámaselle ouro alto ó de 18 k, que é o que ten 18 partes de ouro e 6 partes doutros metais, oro medio ó de 14 k que ten 14 partes de ouro e 10 doutros metais, e ouro baixo ó que ten 10 partes de ouro e 14 doutros metais.


Outras aplicacións:


-O ouro ten funcións en computadoras, naves espaciais , motores de avións a reacción, ademais de noutros moitos productos.


-Empregase tamén en empastes dentais.


-Empregase como recubremento en moitos satélites, xa que o ouro é bo reflector da luz infravermella.


-Tamén se emprega como recubremento en materiais biolóxicos, o que permite que estes podanse ver por un microscopio electrónico de barrido.


-O ácido cloraurico se emprega en fotografia

Constante universal dos gases ideales

3 comentarios

Hoxe imos cun tema de interes xeral.

Con todos vostedes.....

¡A CONSTANTE UNIVERSAL DOS GASES IDEALES!

¿QUE É ...?

A constante dos gases universales, ven dicir que se un gas que se atopa en certas condicións (que veremos máis abaixo), podemos multiplicar a súa presión polo seu volume e nos va a dar o mesmo que se multiplicamos o número de moles que temos nese volumen pola temperatura á que se atopa o gas por R (xa veremos tamén máis abaixo o que é R).

PV=nRT


Nesta ecuación, que non parece moi comlicada, distinguimos:

Presión: a presión ven dada en atmósferas. A atmósfera é unha unidade de presión (por iso a utilizamos para medir a presión...). Esta unidade é equivalente á presion que realiza a atmósfera terrestre (é importante esta aclaración, porque se non todas as atmósferas exercen a mesma presión) sobre o nivel do mar.



Volumen: a unidade que usamos para medir o volumen é o litro. Como todos deberiamos saber, un litro é o mesmo que un decímetro cúbico. A definición correcta de litro é o volume que ocupa 1 kg de auga pura a 4ºC e a 1 atmosfera de presión.


n (número de moles): xa sabemos oque é un mol, o número de Avogadro (6,023 × 10^23), e too iso. ¿Pero porque é tan importante o número de moles que ten o gas co que estamos traballando? Pois porque dependendo da concentración da substancia, pode variar o resultado.


Temperatura: a temperatura medimola en grados Kelvin, NON en grados céntígrados. Para os que non se lembren da equivalencia entre uns e outros, lembrareivos que 0ºC son 273 K, e ue nos grados Kelvin non hai valores negativos, o que é importante, xa que se puésemos que o gas se atopa a -2ºC na ecuación, daríanos un número negativo, polo que, como a ecuación dinos que PV=nRT, predisariamos estar a presións negativas ou ter un volume negativo!!!!!! Creo que non o epliquei moi claramente, pero é o que hai. Tamén aclarar que non sei se utilizamos grados Kelvin por iso, pero se me ocurriu esa teoría, así que confío en que Eloy veña e me corrixa se me equivoco.


R: Chegamos o momento que estiven intentando evitar. ¿Qué é R?. R é:


R é a constante universal dos gases. Pero para o que nos sirve na nosa ecuación, R é 0,082.

¿QUE SON OS GASES IDEALES?


Os gases ideales son os que se atopan en condicións normais.


¿que son as codicións normais? Dicimos que un gas se atopa en condición normais cando se atopa a unha presión de 1 atmosfera, a 273 K (0ºC) de temperatura e ocupa un volumen de 22'4L. Isto esta ben, por exemlo, cando te preguntan en clase: ¿canto ocupa un mol de x substancia en condicións normais?, e ti xa sbes que si se atopa en condicións normais só pode ser unha a resposta: 22'4L.






























# ANTOINE LAVOISIER #

12 comentarios


Antoine Lavoisier foi un químico francés, naceu en París el 26 de agosto do ano 1743, e morreu o 8 de maio do 1794 tamen en París, non exactamente de morte natural como despois veremos.
Estudou cosas tan interesantes como a oxidación dos corpos, o fenómeno da respiración animal, analizou o aire, e estableceu a Lei de conservación da masa, entre outas cousas.
Vamos a pasar a facer unha resumida biografía da vida de Lavoisier.
Como xa dixemos antes, Lavoisier naceu en París no ano 1743. O seu pai era avogado e conselleiro parlamentario, vamos que Lavoisier naceu nunha familia acomodada, polo que recibiu unha boa educación.
-No ano 1764 acaba a carreira de dereito, pero el sempre se sentira mais atraído pola ciencia.
-No 1765 recibe a medalla de ouro da 'Academia ótica industria da pólvora', por este motivo desplazase ó arsenal de París, onde monta un bo laboratorio.
-En 1768 é admitido na 'Academia Francesa' e foi escalando ata chegar a ser director no ano 1875 e tesoreuro no ano 1791. É nombrado asistente nun dos departamentos recaudadores de impostos e mais tarde membro titular da principal agencia recaudadora de impostos.
-No 1770 faise famoso ó demostrar que non era certa a creenza de que a auga podia convertirse en terra destilando a auga, demostrouno pesando de maneira moi precisa o residuo sólido e o aparato de destilación, e descubriu que o sólido prodecia do recipiente e non da auga.
-Un ano despois, no ano 1771 casouse con Marie Paulze. A dote permitiulle instalar un laboratorio moi grande, e ela axudarialle por exemplo na ilustración dos seus experimentos.
-No 1772 o seu pai comproulle un título de nobreza (algo bastante típico naquelas fechas) . Neste mesmo ano afirmou que o fósforo e o azufre aumentan de peso cando se queman porque absorven aire.
-Neste ano, o 1773 publica o seu primeiro libro, cuxo título é 'Opúsculos Físicos e Químicos'
-No ano 1775 é nombrado director da administración da pólvora.
-No 1777 deulle ó aire desflogisticdo o actual nome de osíxeno

-Xa un cantos anos despois, no 1783 anunciou á Academia que a auga é oresultado da combinación do hidróxeno có osíxeno.

-No ano 1785 é nombrado membro do comité gubernamental sobre agricultura, e escribiu informes sobre cultivos e algúns esquemas agrícolas.

-No ano 1787 xunto cun grupo de químicos franceses publica o método de nomenclatura química, que clasificou e renombrou os elementos e compostos daquelas coñecidos. Como terratenente da provincia de Orleans, foi escollido membro da asamblea provinciaal.

-Con outros químicos, no 1788, crea os 'Informes de química', unha revista adicada á química.

-No ano 1789 publica o seu 'Tratado elemental de química'.Neste tratado definiu como elementos aquelas substancias que non poden convertirse noutras mais simples. Neste tratado tamén estableceu a sua ley de conservación da masa dicindo ''Nada se crea ou se destrue, solo hai alteraciones e modificaciones e hai unha cantidade de masa antes e despois da operación''.Neste ano comezou a revolución francesa e el participou, e cando se reuniron os Estados Xenerales, foi diputado e elaborou un codigo de instrucciones para guía de los diputados.

-No 1790 foi nombrado secretario e tesoreiro da comisión para asegurar a uniformidade de pesos e medidas en toda Francia, o que levou ó establecemento do sistema métrico.

-No 1791 perdeu a sua posición como administrador da pólvora e onligaronlle a abandoar o arsenal.Jean Paul Marat acusouno.

-No ano 1793 suprimiuse a Academia das ciencias, e Marat un cabecilla revolucionario da revolución francesa, acusou a Lavoisier de complots absurdos e esixiu a sua morte. Ainda que Marat morreu asesinado en xullo do 1793 o que el dixera seguiuse a ter en conta.Creese que Marat atacoua Lavoisier porqu este desacreditara un tratado de Marat.

-En 1794 despois dun xuizo non moi xusto, xa que durou menos dun día, un tribunal revolucionario condenou a morte a Lavoisier e a outros 27 a pena de morte.Esa mesma tarde foi guillotinado, e o seu corpo foi arroxado a unha fosa común.

Como vedes a vida de Lavoisier foi interesante, aínda que non rematou moi ben....

Espero que vos agradara esta entrada. Daniel Meira