Como ben sabemos, o ouro é un elemento químico. O seu numero atómico é 79. Oseu símbolo é Au, que procede do latín aurum. É un metal brando, maleable, dúctil, brillante, pesado ... e non reacciona cá maioria de produtos químicos, pero e sensible, por exemplo, ó cloro(Cl). O ouro utilízase na xoiería, na electrónica..... e antigamente tamén se utilizaba para facer moedas.
Características: O ouro é de cor amarelo, e é considerado o elemento da táboa periódica mais bonito, ademais do mais caro. Como o ouro é un metal brando, moitas veces fanse aleacións coutros metais para darlle dureza. É moi denso, bo conductor, e ten un moi alto punto de fusión. Segun estudamos os seus numeros de oxidación ou valencia, son o +1 e o +3. Tamen conduce ben o calor.
Como vemos na imaxe o ouro é moi brando, e como xa dixemos antes as veces, fanse aleación para proporcionarlle dureza.
Aplicacións:O ouro e as suas moitas aleacions utilizanse moitísimo en xoieria.Como claro esta, as aleacións de ouro non teñen o mesmo cor, xa que depende dos metais cós que estea mezclado ademais das proporcións dos metais.
As aleacións mais habituais:
-Ouro amarelo:1000 gr de ouro amarelo conten 750 gr de ouro, 125 de cobre e tamen 125 de prata
-Ouro vermello:1000 gr de ouro vermello contén 750 gr de ouro e 250 gr de cobre
-Ouro rosa:1000 gr de ouro rosa contén 750 gr de ouro, 50 gr de prata e 200gr de cobre.
-Ouro branco:1000 gr de ouro branco ten 750 gr de ouro, 160 gr de paladio e 90 gr de prata.
-Ouro verde:1000 gr de ouro verde contén 750 gr de ouro, e 250 gr de prata.
-Ouro gris:1000gr de ouro gris ten 750 gr de ouro 150 gr de níqul y 100gr de cobre.
Na xoieria chámaselle ouro alto ó de 18 k, que é o que ten 18 partes de ouro e 6 partes doutros metais, oro medio ó de 14 k que ten 14 partes de ouro e 10 doutros metais, e ouro baixo ó que ten 10 partes de ouro e 14 doutros metais.
Outras aplicacións:
-O ouro ten funcións en computadoras, naves espaciais , motores de avións a reacción, ademais de noutros moitos productos.
-Empregase tamén en empastes dentais.
-Empregase como recubremento en moitos satélites, xa que o ouro é bo reflector da luz infravermella.
-Tamén se emprega como recubremento en materiais biolóxicos, o que permite que estes podanse ver por un microscopio electrónico de barrido.
-O ácido cloraurico se emprega en fotografia
0 comentarios:
Publicar un comentario