Silano


SILANO
(Unha entrada por Jorge Alvarez)

Silano... Si coñecemos un pouco de formulación, e oimos isto, pensamos "¡Ah, si! Silano, SiH4 " (Ou polo menos deberías). Vale. Se pertences a ese grupo dos que saberían dicir que o silano e a unión de in áotmo de silicio e catro de hidróxeno, pregúntoche, ¿que máis saberías dicir sobre el? Difícli,¿non?.

Para eses que nn saberían dicir nada máis que "nin idea" (entre os que me incluía) vai dedicado esta entrada.



¿QUE É O SILANO?
O silano é un composto químico. A súa fórmula é SiH4. A nomenclatura sistemática deste omposto é Tetrahidruro de silicio, e aínda que no libriño que teño de formulación non aparece a nomenclatura de Stock, eu atopeina en intenet, e é Hidruro de silicio (IV).
O Silano at
opámolo en estado gas na natureza, é incoloro e ten unha densidade de 0.7 gramos por centímetro cúbico.

A súa temperatura de fusión é de -185ºC, e a de ebulición de -112ºC, por es atópase en estado gaseoso na natureza (obvio).¡A! E a súa masa molecular e de 32,12 umas.

DATOS INTERESANTES SOBRE O SILANO
O silano, é un gas non moi recomendable para a súa inxestión, aínda que non é moi tóxico, e se o inhalas pode producir tos. Pode irritalos ollos e a pel.

COMPOÑENTES DO SILANO
O Silano está composto por un átomo de Silicio de catro de Hidróxeno.

O silicio é un elemento químico. Atópase na columna nº 14 da táboa periódica. Ten uns números de oxidación de 2+, 4+,4-. Como ten un número de oxidación negativo, é un non metal. O silicio é o segundo elemento máis numeroso na codia terrestre, e ten unha masa de 28.08 umas.
Normalmente o atopamos en estado sólido.
O silicio pode ter moitas utilidades. Soe usarse en aliaxes, na preparación de siliconas, na agricultura-como fertilizante-, na fabricación do vi
drio e materiais aislantes, en láseres...
O silicio representase coas letras Si, a segunda sempre en minúscula, xa que se pode confundir cunha molécula de xofre e iodo (SI).

Vaiamos co Hidróxeno.
Seguro que se vos pregunto algo sobre o hidróxeono saberíades dicirme algo máis que sobre o silano; o primeiro elemento da táboa periódica, que ten uns números de oxidación de 1+ e 1-, que é o gas co que se cheaban os zepelins,...
Como dixo Jack o destripador, imos por partes.
O Hdróxeno é o primeiro elemento da táboa periódica. Ten un número atómico de 1, polo que está formado por un protón e un electrón.
Tamén é o elemento máis abundante do universo, contando co 90% de tódolos átomos.
Cando o hidróxeno se xunta c
on outro elemento elemento, forma os hidruros.

Ben. Ó hidróxeno sírvelle coller ou perder un electrón para ser máis estable, e o silicio precisa perder 4 electróns, xa que como o silano é un hidruro non metálico, actúa coa valencia negativa.
Así que xuntanse o silicio e catro átomos de hidróxeno e.. ¡tachán! aparece o silano.



Isto é todo amigos.


2 comentarios:

il Giorgio dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
eloy dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.