Número de oxidación

Hoxe imos falar do "interesante" mundo dos números de oxidación.
Para comezar, que hai mellor que saber de que imos falar.

"Cada elemento químico ten unha capacidade determinada para unirse a outros elementos, e formar compostos, que é necesario coñecer. Con este fin, asignóuselle a cada elemento químico un ou máis índices numéricos chamados números de oxidación, que determinan a súa capacidade de combinación."

Ben, isto é o que di o noso libro de Física e Química textualmente ( si Eloy, xa sei que o copiei descaradamente, pero nas próximas liñas tranquilo que xa o esplico eu coas miñas propias palabras).

Por se alguén anda despistado, explícovos que (como xa vimos na entrada anterior), os electróns atópanse repartidos en orbitais. Pois ben, para que o átomo sexa máis estable, a súa configuración electrónica debe parecerse ó Gas nobre que se atope máis preto del na táboa periódica (os gases nobres son os da columna da dereita).
Para quen non o sepa, os gases nobres teñen oito electróns na súa última capa -excepto o Helio, que soamente ten dous.

Poderíamos dicir que isto é como á Fórmula 1: tódolos equipos queren ser os mellores, e para iso necesitan a mellor posta a punto, que nestes momentos sería a de Ferrari -que vai primeiro na clasificación de constructores- . Todos queren a súa configuración para ser mellores. No caso dos átomos, os gases nobres serían Ferrari, e os demáis, os outros equipos, que queren copialo para ser máis estables. Non sei se me explico.

O caso é de onde sacan os átomos máis electróns para completar a súas capas ( ou quen llos colle no caso dos non metais). Pois moi sinxelo. Digamos que un átomo de Calcio (con Z= 20) va por ahí buscando agún lugar onde "deixar" dous electróns que lle sobran para parecerse ó Neon, e de súpeto, aparece un átomo de Osíxeno que precisa captar dous electróns para ser máis estable.
¿Que sucede? Pois que se xuntan e foman unha molécula de CaO (óxido de calcio).
Así o Calcio comparte unha parella de electróns co osíxeno e consigue ter 8 electróns no último orbital, ó igual que o Osíxeno, ¡así que todos contentos!

Por si pensabades que me estaba desviando do tema, vouvos dicir que todo este preámbulo si que sirve para algo.
Os electróns que comparten o átomo de Calcio e o de Osíxeno, son os chamados electróns de valencia.

Pero como se ve na táboa que se atopa debaixo, non a todolos átomos interésanlle perder ou captar o mesmo número de electróns. Hai algúns átomos, os chamados metais, os que só lles ineteresa perder electróns. Os metais atópanse na parte esquerda da táboa, e teñen un número de oxidación positivo, xa que o perder electróns, o átomo xa non é eléctricamente neutro, senón que ten unha carga positiva, xa que ten máis protóns que electróns.
Pero tamén hai átomos os que lles interesa gañar electróns. Son os chamados non metais. Este tipo de átomos atópanse na parte dereita da táboa e teñen un número de oxidación negativo.



Resumindo isto é o máis importante sobre os números de oxidación.

4 comentarios:

eloy dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
il Giorgio dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
eloy dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
il Giorgio dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.