Baterías

0 comentarios

As baterías recargables son dispositivos que almacenan enerxía eléctrica, que non é o mesmo que producen enerxía eléctrica, xa que as baterías non poden funcionar se non se cargaron con enerxía eléctrica. Digamos que as baterías son para os aparatos eléctricos que as utilizan como nos usamos as despensas; nos temos que ir ó supermercado, compramos o que precisamos, e logo o metemos na despensa. Nas baterías igual. Cárganse con enerxía eléctrica, que devolven logo case na súa totalidade.


TIPOS DE BATERÍAS


Podemos distinguir entre baterías primarias e secundarias.

  • AS BATERÍAS PRIMARIAS
As baterías primarias son baterías que converten enerxía química en enerxía eléctrica. Este tipo de baterías son as denominadas pilas. Un exemplo destas pilas son as pilas alcalinas, as de carbono de zinc, litio, óxido de prata e zinc. As pilas alcalinas úsanse nos reproductores de música, cámaras,... as de carbono de zinc nos reloxos, nas radios, mentres que as de litio úsanse para calculadores, organiadores electrónicos, cámaras,... as de óxido de prata en reloxos e as de zinc nos audífonos.



  • AS BATERÍAS SECUNDARIAS
As baterías secundarias son aquelas baterías que poden ser recargadas. Para recargalas teñese quefacer circular unha corrente eléctrica en dirección contraria á descarga. Actualmente, as baterías recargables máis usadas son as baterías de ións de litio ou Li-Ion, grazas a que non sufren o "efecto memoria" e, comparadas coas de outros materiais como o plomo ou o cadmio, cos que se fan tamén baterías recargables, son moito máis rentables, xa que con menos masa prodúcese máis enerxía. Ademáis, as baterías feitas con outros materiais sufren o chamado efecto memoria, que consiste en que se a batería aínda non se esgotou o 100% ( digamos que aína lle queda un 10%), ó recargala, non se recargara o 100% (neste caso recargaríase ata o 90%) , polo que cada vez duraría menos tempo. Outra vantaxe que teñen este tipo de baterías é que , o producir máis enerxía con menos masa, son máis lixeiras, e poden usarse, por exemplo en reproductores de mp3 , e aparatos de ese estilo que non precisan cantidades elevadas de enerxía.
Pero este tipo de baterías teñen tamén inconvenientes. Non duran moito, comparadas con outros tipos, xa que independentemente do seu uso, teñen unha vida media de 3 anos. Ademáis a súa fabricación é cara.